Cargando resultados...
Carlos López, fiel á cita co gol nos últimos oito partidos do Pontevedra
Carlos López, fiel á cita co gol nos últimos oito partidos do Pontevedra
Suplente ata hai dous meses, o dianteiro aresán aproveitou a oportunidade para converterse no goleador de moda da 2ª RFEF
G24.gal
28/03/2024 16:05
Nas últimas 8 xornadas no Pontevedra o gol leva o nome de Carlos López 'Charly'. O xogador de Ares marcou nove tantos consecutivos, unha xeira pouco habitual na categoría, a mellor na súa carreira.
Despois de moitos partidos como suplente e só dous goles en cinco meses, a boa xeira de Charly comezou a callar o 4 de febreiro, días antes de facer os 28 anos. Este gol ao Cayón no tempo engadido iniciou unha marca coa que xa bateu o récord dun ídolo granate coma Charles.
Restan 6 partidos. O Pontevedra vai líder con dous puntos de vantaxe sobre o Ourense. Carlos López quere seguir así para conseguir o ansiado ascenso.