Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carmela Silva chama "señor baixiño" ao alcalde de Madrid tras a súa visita a Vigo

Carmela Silva chama "señor baixiño" ao alcalde de Madrid tras a súa visita a Vigo

G24.gal 04/12/2021 23:04

A presidenta de Deputación de Pontevedra non falou directamente da petición de responsabilidades por parte do PP. Carmela Silva si ironizou na súa conta do twitter sobre a presenza do alcalde de Madrid nun acto en Vigo.

 Referíase a el, cun "señor baixiño" e animábao a aprender algo na súa visita á cidade galega.

O chío xerou polémica na rede polas palabras coas que se refería a Martínez Almeida. Desde a conta do Partido Popular de Galicia recrimináronlle a Silva as súas críticas ao político madrileño referíndose ao seu aspecto físico.

 O propio Abel Caballero criticaba que Martínez-Almeida fixera unha visita ao Museo do Mar de Vigo canda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sen ter a "cortesía" de comunicarlle ao rexedor vigués a súa chegada. E afeáballe as críticas contra el ante os medios locais pola súa exaltación do alumeado de Nadal e pola súa xestión como presidente da federación Española de Municipios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade