Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carrillo: "Non hai apócemas secretas. Bañarse no mel para sacar espíritos non gaña partidos"

Carrillo: "Non hai apócemas secretas. Bañarse no mel para sacar espíritos non gaña partidos"

O Lugo é penúltimo na clasificación a 11 puntos da permanencia e a 12 do seu próximo rival, o Zaragoza

G24.gal 03/03/2023 16:48 Última actualización 03/03/2023 16:54

Joan Carrillo, adestrador do Lugo, afirmou que o equipo galego é "consciente da situación" que atravesa, penúltimo na clasificación a 11 puntos da permanencia e a 12 do seu próximo rival, o Zaragoza, que visita este domingo o Anxo Carro e do que destacou o seu físico e a calidade dos seus xogadores.

"O equipo é consciente da situación, da importancia do partido, mostrou responsabilidade e chega preparado para competir e gañar. Vai ser un partido de moita intensidade e moita pelexa" 

"Non hai apócemas secretas. Bañarse no mel para sacar espíritos non gaña partidos"

O técnico catalán afronta o seu quinto partido no banco do Lugo, aínda sen vitorias na súa palmarés, cun empate, no seu debut, como único resultado positivo.

"Aos xogadores dígolles que, baixo o meu punto de vista, poderiamos ter 3 ou 4 puntos máis desde que estou aquí. Iso non nos vai dar máis puntos, pero a balanza da sorte e a desgraza ás veces está máis dun lado que doutro e agora temos que traballar ao máximo para inclinala máis ao noso favor".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos