Cargando resultados...
Casado pide aplicar un 155 educativo se Cataluña non cumpre a sentenza da lingua
Casado pide aplicar un 155 educativo se Cataluña non cumpre a sentenza da lingua
Ofrécelle a Pedro Sánchez os votos dos senadores do Partido Popular
G24.gal
24/11/2021 14:06
O presidente do Partido Popular insta ao Goberno a aplicar o artigo 155 da Constitución en Cataluña se a Generalitat se declara en rebeldía e non cumpre a resolución do Tribunal Supremo sobre a lingua.
Pablo Casado considera que Pedro Sánchez está na obriga de facer cumprir que os escolares en Cataluña reciban o 25% das clases en castelán, e que se non o fai podería incorrer en "prevaricación".
O xefe da oposición ofrécelle ao Goberno os votos dos senadores populares para aplicar en Cataluña o artigo 155 no ámbito do ensino porque, dixo, "non pode ser que o Goberno de España dependa dos radicais de Esquerra Republicana de Cataluña".