Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casamentos xurando amor eterno ante Satanás no Resurrection Fest

Casamentos xurando amor eterno ante Satanás no Resurrection Fest

Os noivos beben sangue, en realiade é viño, deséxanse miseria nos votos e xuraron amor eterno ante o mesmo diaño

G24.gal 29/06/2023 10:52

Máis de mil parellas solicitaron casar no Resurrection Fest, que contar cunha capela no recinto do festival: a Resuland Chapel, e a organización tivo que facer unha selección, porque só poden oficiar 20 casamentos.

En cada xornada do festival, cinco parellas pasan pola tétrica igrexa que a organización instalou dentro do festival. Trátase dun espazo escuro, con caveiras e cruces invertidas, no que as parellas poden darse o ‘si quero’ acompañados de testemuñas e de amigos.

Os noivos beben sangue, en realiade é viño, desexánse miseria nos votos e xuráronse amor eterno ante o diaño. Non falta o ‘sinal dos cornos’ e o intercambio de aneis.

Cada unha desas vodas dura ao redor de media hora e os noivos márchanse da capela cun certificado 'Resuoficial' de matrimonio, que non é válido ante as autoridades administrativas, fotografías instantáneas, amuletos de confirmación da unión e lembranzas da inesquecible voda. 

Os organizadores do festival entenden que hai moita xente que se coñeceu no festival, que se fixeron parellas, que continúan asistindo ao festival e agora danlles a oportunidade de casar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade