Cargando resultados...
Case 1 de cada 4 españois considera que non pode aforrar porque non chega a fin de mes
Case 1 de cada 4 españois considera que non pode aforrar porque non chega a fin de mes
A xente nova figura entre a máis afectada
G24.gal
31/10/2023 21:07
Última actualización 31/10/2023 21:29
En 1924, década en que rematou co crack do 29, instaurouse o Día Mundial do Aforro. Case cen anos despois, continúa a celebrarse co fin de promover esta práctica nas economías familiares.
No contexto actual, de suba de prezos xeneralizada, prodúcese o que en economía se coñece como aforro forzoso: a perda de poder adquisitivo para quen percibe rendas fixas.
Segundo o Observatorio do Grupo Kruk, empresa dedicada á xestión de cobro, case 1 de cada 4 españois (un 24 %) considera que non pode aforrar porque non chega a fin de mes.
A xente nova figura entre a máis afectada. Aforrar está a converterse nunha tarefa cada vez máis complicada.