Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que son os gastos formiga e por que minguan a nosa capacidade de aforro

Que son os gastos formiga e por que minguan a nosa capacidade de aforro

Case o 30 por cento do noso presuposto mensual vaise neses gastos

Para reducilos axuda pagar en efectivo, anotalos nun caderno ou evitar as compras por impulso

G24.gal 03/09/2024 14:20

Poucos os identifican, pero cando lles falamos deses pequenos gastos que facemos a diario, moitos deles innecesarios, a cousa cambia: "O café diario, o paquete de pipas"; "Os que non se lles dá importancia pero a final de mes supoñen unha cantidade importante" ou "os que non fan falta e a fin de mes suman".

Saber deles é importante, xa que nestes gastos formiga vaise unha parte do noso presuposto mensual. "Ao mellor estámoslles dedicando o 30 ou 40 por cento dos nosos cartos", comenta desde Facua Víctor Muñoz.

Por iso son poucos os que se atreven a sumalos a final de mes. "Non porque se non téñolle que contar a muller cando ando de bares", comenta chanceando un home pola rúa", e outro di que "é mellor non sumar porque é un soldo a final de mes".

Tamén hai quen prefire telos a raia: "Si que os estou sumando porque un café a 1,60 paréceme xa prohibitivo", asegura unha muller. 

Hai trucos para reducilos, o principal evitar as compras por impulso Pagar en efectivo ou anotalos nun caderno tamén axuda. Porque comezan sendo gastos inofensivos, pero a final de mes debilitan a nosa capacidade de aforro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos