Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 60 % dos españois aseguran que non son quen de aforrar

O 60 % dos españois aseguran que non son quen de aforrar

Un gasto imprevisto pode desbaratar as economías domésticas se non se conta con aforros

A un 60 % dos españois preocúpalle non ter aforros dabondo para un imprevisto
G24.gal 16/08/2024 15:01

"Nós por exemplo saímos agora e ao mellor tomamos 2 ou 3 cafés. Dous o tres cafés queiras ou non queiras vai subindo, vai subindo e iso todos os días e cando chegas ao final do mes ao mellor son 200 euros", comenta un matrimonio.

200 euros mensuais que ao cabo do ano poden significar 2.400 unha cantidade importante para afrontar un imprevisto. Este é un exemplo do que chaman os expertos gastos formiga, e que poden facer equilibrar a balanza en favor dos tan necesarios aforros para facer fronte a un contratempo.

"Hai quen vive moi ao día e outros pois... sempre hai que ter un petiño para estas cousas", aconsella unha muller.

A mellor estratexia de aforro é pensar sempre a longo prazo, unha fórmula moi interiorizada sobre todo nos maiores.

"Pensamos a longo prazo e estivemos facendo un fondo pero hai moita xente que vive ao día e agora non ten", apunta outro matrimonio.

Non ten para un imprevisto. Segundo un estudo recente, o 60 % dos españois non son quen de aforrar o que quixeran. 

"Si podemos, pero é moi complicado hoxe en día, hai moitos gastos imprevistos que non contas con eles e telos que afrontar. Aínda así aforramos como podemos, pero pouco", conta unha rapaza.

 "Normalmente sempre apartamos un pouquiño porque necesitas telo porque che pode xurdir algo de mecánica do coche ou dentista, ou médico, por saúde ou o que sexa porque ao final iso está á orde do día e precisas ter algo apartado", explican un rapaz.

E por que é tan difícil aforrar?

"Co que se gaña e a vida que levamos, está todo carísimo, aforrar, moito aforrar non, non se pode".

"Hoxe vívese máis ao día, que eu non sei se é mellor ou peor". 

Segundo este estudo, son as mulleres máis aforradoras que os homes.

"No meu caso, o home", aclara unha moza.

E contra de todo prognóstico, a mocidade, de entre 18 e 30 anos, é a que máis pensa en ter sempre algo no peto por se acaso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar