Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un estudo revela que un de cada catro españois non consegue aforrar nada a fin de mes

Un estudo revela que un de cada catro españois non consegue aforrar nada a fin de mes

Por comunidades, Estremadura, Navarra e Cantabria son as que máis aforran, fronte á Rioxa, as Canarias e Madrid

G24.gal 27/08/2024 14:17

Preguntamos na rúa polas posibilidades de aforrar e a primeira reacción...

"Capacidade de aforro? Dáme a risa".

Segundo un estudo realizado pola Unión de Créditos Inmobiliarios o 24,5 % dos españois afirma non ter capacidade de aforro. Por comunidades, onde máis custa é na Rioxa, nas Canarias e en Madrid, seguidos por Galicia.

"Este é un país que só ten impostos e entón non podes aforrar nada". 

Pola contra, un 75,5 % dos españois manifesta conseguir aforrar parte dos ingresos mensuais.

"Si, cada vez que traballo un pouquiño vai para poder aforrar".

"Moito non, a verdade, pero vaia, algo si".

"Depende do mes, agora en verán menos porque se divirte un algo máis".

Hai unha lixeira redución das preocupacións dos españois polos gastos e varían segundo a idade.

"En relación coa proporción de ingresos que os españois son capaces de aforrar a cifra mellora no último ano. Representa uns 340 euros ao mes tomando como referencia o salario medio en España. No que a gastos fixos se refire, a cesta da compra encabeza a principal preocupación, seguida polo pago das facturas de subministración e o gasto en combustible".

"Na cesta da compra vanse uns 200 euros todas as semanas". "É o que máis estragos fai no peto, está todo polas nubes".

"Na alimentación, que subiu moito, e nos combustibles".

"Para mercar unha vivenda xa non che dan as mesmas oportunidades que antes".

O estudo subliña ademais que os homes tenden a aforrar máis que as mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos