Cargando resultados...
Case a metade dos españois está a favor das relacións abertas na parella
Case a metade dos españois está a favor das relacións abertas na parella
O dato provén da terceira onda da enquisa do CIS sobre relacións socias e afectivas tras a pandemia
G24.gal
12/04/2023 21:13
Última actualización 12/04/2023 21:33
Contemplemos o dato: o 41,4 % dos españois está a favor das relacións abertas na parella. E 0 66,4 % está de acordo en que se teña unha relación afectiva sen convivir, e que se preserve así a independencia.
Os datos proveñen da terceira enquisa do CIS sobre relacións sociais e afectivas tras a pandemia, que tamén di que case sete de cada dez responderon que si á pregunta de se o amor o pode todo.
A ver a onde nos levan as vindeiras respostas sobre relacións sociais e afectivas.