Publicador de contidos
Publicador de contidos

O balance do turismo en 2023 foi moi positivo para o sector en Galicia

O balance do turismo en 2023 foi moi positivo para o sector en Galicia

G24.gal 16/01/2024 16:18

O balance do turismo en Galicia foi positivo para o sector neste 2023 con boas cifras de peregrinos pero tamén doutros visitantes. Pero aínda queda moito por mellorar para seguir medrando como avanzar na desestacionalización do turismo e tamén no gasto medio por turista, segundo Cesáreo Pardal do Clúster Turismo de Galicia.

O turismo rural segue sendo unha das nosas mellores bazas como explica Juan Luis López da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur) e que tamén busca esos clientes fóra da temporada alta mediante actividades e cursos que se poden facer as fins de semana.

Apostar por un turismo de calidade e non só de cantidade é a solución para crear un sector de futuro. Medios internacionais como a cadea estadounidense CNN ou como o xornal británico The Telegraph acaban de incluír esta cidade como un dos destinos a visitar durante o 2024. Un pulo turístico de balde que agardamos que chegue tamén con sostibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade