Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case dous alumnos por aula sofren acoso escolar

Case dous alumnos por aula sofren acoso escolar

Calcúlase que en España hai arredor duns 70.000 acosadores adolescentes

Que os profesores axuden a detectar e atalllar estas condutas é o obxectivo dunhas xornadas que se celebran na Cidade da Cultura

G24.gal 17/04/2024 13:06

Forman parte do plan contra o acoso escolar que hai uns meses puxo en marcha a Consellería de Educación. Son unhas xornadas de formación do profesorado, que pretenden darlles aos educadores ferramentas para detectar e atallar o acoso nos centros escolares.

 "Estamos nun momento de cambio de paradigma social, cun cambio absoluto no xeito de comunicarnos, e temos que ser quen de identificar, previr e prever cando se pode estar dando un caso de acoso", declarou Román Rodríguez, o conselleiro de Educación.

Dos relatorios chamounos a atención o xiro na perspectiva da análise, xa non centrada tanto en perfís de vítima-acosador, como no estudo das dinámicas de grupo que se fai desde a psicoloxía evolutiva.

"Os grupos tenden a buscar a xerarquía, e para ese dominio ás veces acódese a técnicas de tipo antisocial. O 'bullyng' en certa medida perpetúase porque resulta reforzado cunha mellor posición nesa xerarquía; entón o que temos é que desenvolver estratexias para quitarlles aos que o exercen ese reforzamento", explicou o psiquiatra Alexandre García Caballero.

Estratexias que pasan tamén pola ética, por empatizar co dano. Porque os acosados sofren moitas veces depresión, autolesións ou mesmo chegan ao suicidio. No caso do acoso na rede, aféctalles a case un 20 % dos adolescentes, e moitas veces exérceno adultos baixo perfís falsos. 

"Para tentar quedar con eles, conseguir fotografías ou contido co que poder facerlles chantaxe. Pero tamén hai na rede acoso entre iguais, e non só insultos. Tamén metelos en boatos, facer perfís falsos ou acceder a contidos a través do correo electrónico", relatou Fernando Suárez, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. 

Para denunciar o ciberacoso hai que chamar ao 017.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos