A Garda Civil imparte charlas a escolares para concenciar sobre o acoso
A Garda Civil imparte charlas a escolares para concenciar sobre o acoso
Os nenos identifican o acoso pero non saben xestionalo, por iso hai que traballar nos centros, pero tamen na casa
Hai diferentes tipos de acoso e entre os adolescentes cada vez medra máis o ciberacoso polo uso das redes sociais
O acoso escolar é un dos problemas máis alarmantes aos que se enfronta hoxe a educación. As cifras son preocupantes, un de cada tres estudantes sofre acoso.
"Implica que polo menos hai un agresor por aula, non é só a vítima, é ese conxunto de rapaces que están agredindo diariamente, continuamente", explica o axente Héctor Méndez, formador do Plan director sobre convivencia escolar da Garda Civil.
Héctor leva tempo impartindo charlas nos centros escolares para concienciar sobre o acoso, porque a mellor forma de frealo é a prevención.
"Ás veces son máis conscientes do dano que fan, outras fano de xeito máis inocente. Trátase de concienciar de que teñan unha serie de valores, a palabra clave é respecto, que saiban relacionarse os uns cos outros con respecto", asegura Héctor Méndez.
Os nenos e nenas identifican o acoso.
"Sabemos que isto non é só cousa do colexio, é cousa da comunidade en xeral, das familias", comenta Belén Caseiro, concelleira de Educación en Chantada, que é a concellería promotora das charlas nos colexios.
Hai que traballar nos centros, pero tamén na casa. Hai diferentes tipos de acoso entre os adolescentes, cada vez medra máis o ciberacoso polo uso das redes sociais.
"Métense cunha persoa fisicamente ou psicoloxicamente de xeito continuado", di unha moza, e outra engade: "Cando rin dunha persoa pola súa aparencia".
Desde xaneiro todos os centros contan cunha ferramenta máis para frear o bullyng. Son os puntos laranxa, caixas de correo onde os rapaces poden comunicar por carta e de forma anónima as situacións de acoso.