Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Colexio de Educadores di que hai máis acoso escolar do que revelan as estatísticas

O Colexio de Educadores di que hai máis acoso escolar do que revelan as estatísticas

Un 30 % do alumnado galego sofre acoso, segundo o último estudo sobre a percepción do bullying na sociedade española

O Colexio de Educadoras e Educadoras sociais di que hai casos nos que as vítimas non saben identificar as situacións de acoso

G24.gal 04/05/2024 14:02 Última actualización 04/05/2024 14:23

Tres de cada dez escolares en Galicia aseguran ser vítimas de acoso, segundo o último estudo sobre a percepción do bullying na sociedade española. Con todo, hai expertos que din que estes datos non revelan a auténtica dimensión do problema. O que sucede é que moitas vítimas non recoñecen como acoso a violencia verbal ou as mensaxes de odio que sofren nas escolas.

“Os datos que se coñecen son simplemente a punta do iceberg. Realmente non sabemos cal é o impacto real do problema, ás veces porque non se comunican e outras veces pola percepción que ten o alumnado do que é unha situación de 'bullying' ou non”, asegura Jesús Deibe, vogal do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Segundo o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia é fundamental reforzar o traballo socioeducativo co alumnado e coas familias para que aprendan a detectar as situacións de acoso.

“É importante sempre que falamos de traballo socioeducativo co alumnado que esteamos atentos e que impliquemos non só o alumnado e o profesorado, senón tamén as familias”, asegura Jesús Deibe.

Desde comezos deste ano, os centros educativos galegos dispoñen de 1.200 puntos laranxa, caixas de correo  físicas e virtuais nas que o alumnado pode comunicar de xeito anónino posibles situacións de acoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade