Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un 30 % dos rapaces di que sufriu acoso ou algún tipo de violencia no colexio

Un 30 % dos rapaces di que sufriu acoso ou algún tipo de violencia no colexio

Din que loitar contra o acoso é un traballo de equipo, unha tarefa conxunta en que todos poden poñer o seu gran de area

G24.gal 02/05/2024 14:38

"A esa persoa estana molestando continuamente por redes, fisicamente, verbalmente. É unha situación moi dura".

Están en sexto de primaria, teñen once anos e algúns xa coñecen casos de compañeiros ou compañeiras que sufriron situacións de acoso. 

"Metíanse con ela e non a deixaban en paz e cando estaba xogando con outras amigas non a deixaban, non a deixaban estar con outras persoas. O acoso é continuo, continuo".

"Rían dela ou pola súa aparencia, que non a deixen falar cos seus amigos, que a exclúan".

"Todos os compañeiros burlábanse dela pola súa nacionalidade e polo acento".

Nun colexio de Ourense contan cun equipo de mediación formado por alumnos que traballan precisamente para evitar que os conflitos deriven en situacións de acoso. 

"Axudamos a persoas que teñan conflitos axudámolos a resolvelos".

"Xúntanse para falar, cada un da a súa versión do problema e nós axudamos a que atopen un punto en común e o solucionan eles".

Ademais dos protocolos establecidos nos centros educativos para este tipo de situacións contan cun punto laranxa onde de xeito físico ou virtual poden denunciarse casos de acoso. Aqueles que se detectan como algo máis que cousas de rapaces. 

"Cando unha situación é reiterada, que se produce todos os días e que ademais se fai dende o silencio, eles teñen que saber dirixirse a un adulto, tanto o que está sufrindo como o que ve que pode estar pasando esa situación".

Un trinta por cento dos rapaces di que sufriu acoso ou algún tipo de violencia no colexio. Cifras que a eles mesmos lles sorprenden.

"Demasiado para rapaces da nosa idade porque deberiamos estar felices, gozar a nosa infancia".

Din que loitar contra o acoso é un traballo de equipo, unha tarefa conxunta en que todos poden poñer o seu gran de area.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos