Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case lista para empezar a rodar a nora de 60 metros que se instala no porto da Coruña

Case lista para empezar a rodar a nora de 60 metros que se instala no porto da Coruña

O artefacto, o máis grande destas características que hai en España, pesa máis de 200 toneladas

Permanecerá na cidade ata finais de agosto, e forma parte da estratexia de apertura das instalacións portuarias a veciños e visitantes

G24.gal 14/06/2022 14:53

Desde os 119 metros de altura da delegación da Televisión de Galicia na Coruña, na torre Hercón, a cidade ten un novo elemento de interese. A nora móbil que se instala no porto xa loce no horizonte e promete unha ollada singular da xeografía urbana como nunca antes a houbo. 

Houbo que realizar un voluminoso transporte desde outro porto, o de Barcelona, onde permaneceu nos últimos meses. Pero ao contrario do que puidera semellar, a súa montaxe é moi áxil.

Explícao o empresario promotor desta instalación, Alfredo Camarero: "Son pezas moi grandes pensadas para montar rapidamente, nunha semana". Engade que houbo que trasladar as 200 toneladas que pesa todo o artefacto en 12 camións de grandes dimensións, e que ademais foron precisos dous guindastres para a instalación.

Está previsto que empece a rodar o vindeiro 22 de xuño, e permanecerá aquí ata o 21 de agosto, durante o día e ata a medianoite, para ofrecer unha travesía duns cinco minutos por un prezo de seis euros.

A idea forma parte da estratexia da autoridade portuaria para abrir esta zona da cidade a locais e visitantes. Segundo o seu presidente, Martín Fernández, a nora "vai atraer turistas e visitantes doutras partes de Galicia".

Xa a partir da semana que vén poderase comprobar e gozar das vistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar