Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pereiro de Aguiar estrea parque acuático este xoves

O Pereiro de Aguiar estrea parque acuático este xoves

O prezo das entradas será de dous euros para os menores e de catro euros para os maiores de idade

Os encargados de inauguralo foron o presidente da Xunta e o alcalde da vila

Parque acuático de Monterrei, no Pereiro de Aguiar
G24.gal 19/06/2024 18:40 Última actualización 19/06/2024 20:11

O parque acuático do Pereiro de Aguiar abre as súas portas ao público estes xoves. O presidente Rueda inaugurou as instalacións o mércores á mañá canda o alcalde da vila ourensá Luís Menor.

O prezo das entradas é de dous euros para os menores e de catro euros para os maiores de dezaoito anos.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda definiu o parque tras a inauguración desta primeira fase como un "atractivo" que permitirá "reforzar" o potencial turístico da provincia de Ourense e dinamizar a economía.

"Temos que dar unha nova vida, dinamizar e dar oportunidades ao interior de Galicia, e este é un magnífico exemplo", apuntou o mandatario galego tras unha visita realizada ao recinto acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo.

Durante a súa visita, o dirixente autonómico destacou que o novo complexo acuático permitirá "gozar dun día diferente en familia" tras destacar que a esta zona hai que sumarlle as pistas de pádel, tenis e atletismo.

Con esta actuación, a Xunta deu por inaugurada a primeira fase do proxecto, cuxo investimento ascendeu a nove millóns de euros, e que inclúe novos servizos como aparcamento, vestiarios, pasos de peóns e zona de xogos e tamén atraccións acuáticas: dous hidrotubos e dous tobogáns.

A esta actuación hai que sumarlle outras tres fases que incluirán a creación dunha nova área de relaxación, con río de fervenzas, piscina de nado ou un parque multiaventura. A Deputación de Ourense será a encargada de levar a cabo estas tres últimas fases.

Respecto diso, o presidente da deputación de Ourense Luís Menor, que asegurou que hoxe é "un día histórico", afirmou que é a obra "máis importante destas características no noroeste de España".

Asegurou que o novo parque vai ser un polo de atracción turística para a provincia, coa chegada do AVE, que a situará na "porta de entrada á Ribeira Sacra" e nun "factor de atracción moi importante para a nosa provincia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar