Caso Koldo: Javier Hidalgo nega que Air Europa pagara comisións
Caso Koldo: Javier Hidalgo nega que Air Europa pagara comisións
Continúan os interrogatorios na Audiencia Nacional na causa que investiga a compra de máscaras
O que foi conselleiro delegado de Globalia dixo este xoves na Audiencia Nacional que non coñece nin o exministro José Luis Ábalos nin o seu asesor, Koldo García, figura principal do caso.
Javier Hidalgo tamén negou que pagara comisións polos contratos para traer máscaras a España. Si admitiu pagos ao suposto conseguidor da trama, pero por outros negocios.
A testemuña dixo ademais que non recordaba reunirse con Víctor de Aldama e coa muller do presidente, con Begoña Gómez, en pleno rescate de Air Europa. E aí, o xuíz puxo freo ás preguntas das acusacións populares, ao tratarse doutro caso, no que tamén hai novidades.
A Audiencia Provincial de Madrid pediulle ao xuíz Juan Carlos Peinado que lle envíe copia de todo o investigado ata o momento, para decidir se arquiva ou non a causa, tal e como pediu Begoña Gómez. Para Marta Castro, avogada de Vox no caso, a muller do presidente intenta "apartar o xuíz Peinado da súa función, porque algo terán que ocultar".
A Audiencia de Madrid responderá ao recurso de Begoña Gómez a finais deste mes.