Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castrexos e romanos cítanse de novo no Friulio

Castrexos e romanos cítanse de novo no Friulio

Friol reúne na súa festa case 30 colectivos de recreación histórica de toda España

Fin de semana con numerosas actividades para recrear a vida nos castros

Castrexos e romanos serán protagonistas durante toda a fin de semana en Friol
G24.gal 06/05/2022 20:04

Logo de dous anos de parada pola covid os romanos chegan a Friol con moita ilusión e cargados con toda a artillería pesada. Pero os castrexos preparan tódalas súas defensas para esta longa fin de semana do Friulio, unha festa con moitos atractivos.

Friol agarda a chegada de milleiros de visitantes, tendo en conta ademais a previsión de bo tempo para toda a fin de semana. No castro ultiman preparativos para que todo estea a punto para unha festa que non para de medrar.

De feito este ano estarán presentes preto de trinta asociacións de recreación, moitas delas de fóra de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar