Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castro Caldelas volve celebrar a Festa dos Fachós

Castro Caldelas volve celebrar a Festa dos Fachós

A asistencia foi ilimitada aos veciños por mor do coronavirus

Leva celebrándose 271 anos, desde a peste que arrasou a vila

G24.gal 19/01/2022 22:03

Castro Caldelas celebra a Festa dos Fachós, limitada este ano só aos veciños por mor do coronavirus. Pero non desmereceu, porque o que máis e o que menos saíu en procesión ao caer o día para purificarse co lume.

A procesión contou só cos 60 veciños da localidade e rematou coa tradicional queima dun fachón, que este ano media 35 metros.

Entre lusco e fusco, as campás da igrexa comezaron a repenicar dando inicio á procesión, e non cesaron ata que rematou a queima.

Esta tradición remóntase no tempo. Leva celebrándose 271 anos, desde a peste que arrasou Castro Caldelas. Só a covid impediu, o ano pasado, a súa celebración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar