Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castro de Rei acolle o XXXV Campionato Galego de Caza Menor

Castro de Rei acolle o XXXV Campionato Galego de Caza Menor

Os 26 participantes disporán de 6.000 hectáreas de terreo e só 15 cartuchos

Hai competición feminina e de persoas con discapacidade

G24.gal 28/10/2022 19:44 Última actualización 28/10/2022 20:24

6.000 hectáreas de terreo poderán percorrer os 26 participantes nas tres modalidades do campionato galego de caza menor que se celebra este sábado en Castro de Rei. Lebres, coellos, raposos, perdices, parrulos e arceas son as especies que agardan capturar os participantes.

Os cazadores disporán de cinco horas de tempo e quince cartuchos de munición para atrapar o meirande número de pezas. O obxectivo, destronar o actual campión.

Os cans van xogar un papel decisivo xa que da súa capacidade para levantar pezas dependerá o resultado de cada cazador.

A chuvia prevista vai facer aínda máis dura esta proba que chega á súa edición número trinta e cinco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade