Castro Valente: os segredos da gran fortaleza escondida
Castro Valente: os segredos da gran fortaleza escondida
Dous arqueólogos da USC estudaron este xacemento nun monte entre Padrón e A Estrada
Alí fotografaron cun dron e con láser este recinto fortificado oculto baixo a vexetación, que ten unha muralla de máis dun quilómetro
O castelo ten uns 1.500 anos e Murguía xa falaba del
Moitas veces non sabemos os tesouros que esconde a nosa terra. Literalmente. Dous arqueólogos da Universidade de Santiago decidiron estudar os misterios da fortaleza de Castro Valente. Os resultados son sorprendentes. Abonda con dicir que naquel cumio entre Padrón e A Estrada hai soterrado un recinto amurallado de máis dun quilómetro de perímetro que chegou a ter ata 30 torreóns que ten arredor de 1.500 anos.
Puideron escavar brevemente nel, e coa axuda dun dron e da fotografía láser puideron retratar o que se esconde baixo o solo. Pero amosáronos as parte visibles desta fortaleza. Agora aspiran a continuar un día cos traballos na zona.
Polo de agora, publicaron un artigo titulado 'Buscando un castelo altomedieval entre a vexetación". E, efectivamente, alí, parece que só vemos árbores, pero pisamos un castelo do que xa falaba Manuel Murguía.