Catorce detidos por terrorismo xihadista en varias provincias españolas

Todo apunta a que o operativo se iniciou en Barcelona e está relacionado cunha asociación de orixe paquistaní radicalizada

G24.gal 07/11/2023 19:28

A Policía Nacional detivo 14 persoas pola súa presunta vinculación co terrorismo xihadista, nunha operación desenvolvida en diferentes provincias españolas e coordinada polo xuíz da Audiencia Nacional Joaquín Gadea.

Polo momento non transcenderon máis detalles, pero todo apunta a que o operativo comezou en Barcelona e estaría relacionado cunha asociación de orixe paquistaní radicalizada.

Este dispositivo contra o terrorismo xihadista desenvólvese despois de que a guerra entre Israel e Hamas e os atentados recentes en Francia e Bélxica obrigaran a reforzar en España o nivel 4 de alerta antiterrorista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade