Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro campións do mundo de J80 estarán no Mundial deste ano en Baiona

Catro campións do mundo de J80 estarán no Mundial deste ano en Baiona

Hoxe foi a presentación oficial no Monte Real Club de Iates, organizador do evento

G24.gal 28/02/2023 16:38 Última actualización 28/02/2023 16:54

Este martes foi presentado oficialmente en Galicia o Mundial de J80 de 2023, que se celebrará do 18 ao 24 de setembro en Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Iates. O que será o evento náutico do ano na comunidade galega reunirá nas Rías Baixas a 80 veleiros chegados dos 5 continentes, nos que durante toda unha semana navegarán e mediranse os mellores regatistas do mundo a bordo destes monotipos de 8 metros.

Catro campións do mundo de J80 xa confirmaron que estarán a competir en Baiona co obxectivo de tratar de revalidar título. Entre eles, o canario Rayco Tabares (Arrecife, 1984), que posúe no seu haber cinco mundiais (Santander, 2009; Kiel, 2015; Sotogrande, 2016; Hamble, 2017; Lles Sabres d’Olonne, 2018) dunha clase tan competitiva como é a de J80.

Precisamente esa competitividade, tanto a nivel nacional como internacional, é un dos aspectos que destacarán, en opinión de Tabares, no mundial de Baiona porque “o nivel dos J80 foi crecendo co paso dos anos e agora mesmo estase competindo con gran mestría por todo o mundo”, asegura.

Cre o canario que o de Galicia será un escenario complicado, pero afirma que “será todo un luxo navegar nun lugar tan especial e cunha cultura mariñeira tan arraigada”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos