Localizados catro contedores que perdeu un buque portugués na costa asturiana
Localizados catro contedores que perdeu un buque portugués na costa asturiana
Foron 13 os contenedores que caeron da embarcación portuguesa fronte a Llanes
Tres deles permanecen semisomerxidos mentres que un deles continúa aboiando
Catro dos trece contedores que caeron o sábado pasado dende o buque Lola B, cando se atopaba a unhas oito millas ao norte da costa asturiana, á altura de Llanes, foron localizados. Tres deles permanecen semisomerxidos, mentres que un deles continúa aboiando.
Segundo informou un portavoz de Salvamento Marítimo, o dispositivo de rastrexo púxose en marcha en canto se tivo coñecemento da perda dos contedores por parte do cargueiro de bandeira portuguesa, que se dispuña a cubrir a ruta entre Santander e Vilagarcía de Arousa, onde xa chegou o buque.
Coa frota pesqueira amarrada durante a fin de semana por mor do temporal e á espera de volver pescar na vindeira xornada, Salvamento Marítimo lanzou un aviso aos buques mercantes que carguen pola zona afectada sobre a posible presenza dos contedores.
As mesmas fontes precisaron que, dos trece contedores caídos, ningún transportaba mercadorías perigosas nin produtos potencialmente contaminantes, xa que portaban papel, efectos persoais e comida.