Catro de cada dez vehículos non acudiron a pasar a ITV o ano pasado
Catro de cada dez vehículos non acudiron a pasar a ITV o ano pasado
O 33 % das furgonetas e camións implicados en accidentes non tiñan superado este trámite
O 40 por cento dos vehículos que o precisaban non foron pasar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) o ano pasado, a peor cifra do rexistro deste trámite obrigatorio, que ten consecuencias tanto na seguridade nas estradas como nas sancións.
Segundo os datos facilitados polas empresas que prestan estes servizos, o 33 por cento das furgonetas e camións implicadas en accidentes de tráfico non pasaran a ITV.
As sancións previstas por non ter este trámite superado van desde os 80 euros a máis leve, por non levar o adhesivo visible no frontal, 200 euros por non ter pasado a inspección ou 500 euros por ter resultados negativos, que obrigarían a inmobilizar o coche.
A ITV foi modificada o ano pasado e agora inclúe novos aspectos para ter en conta relativos a sistemas de seguridade intelixente ou aos retrovisores. O prezo varía dunhas comunidades autónomas a outras. En Galicia oscila entre os 40 e os 47 euros.