Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro familias do barrio coruñés dos Mallos temen perder as súas vivendas

Catro familias do barrio coruñés dos Mallos temen perder as súas vivendas

Nos terreos que ocupan está prevista a construción dun novo polígono residencial

Pídenlle ao Concello que cumpra co compromiso de conservar as casas

G24.gal 03/02/2024 20:19 Última actualización 03/02/2024 20:51

No barrio coruñés dos Mallos catro familias temen perder as súas vivendas, situadas nos terreos nos que está proxectada a construción dunha nova urbanización.

Co apoio de moitos veciños, fixeron unha cadea humana para denunciar a situación. Todos os afectados recibiron propostas municipais de compra.  

"Empezan ofrecéndonos mercar as casas a uns prezos nalgúns casos totalmente irrisorios. Nós sempre dixemos que non estamos dispostos a vender. A promesa era que quedabamos e é o queremos", explica Manuel Barrientos, voceiro das familias afectadas.

Ofrecéronlles tamén a opción de incorporarse ao proxecto como promotores, unha alternativa que os obrigaría a contribuír aos gastos de urbanización. A maiores, a normativa urbanística imponlles cantidades inasumibles para poder quedar coas súas casas.

"Que se imaxine calquera pai de catro fillos que o Concello lle veña pedir máis de 130.000 euros por quedar coa súa propia vivenda. Nós non entendemos de legalidade nin de normativas, entendemos de sentido común. E iso non ten nin pés nin cabeza".

Piden un cambio na norma que garanta a continuidade das súas casas. O Concello mantense aberto ao diálogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade