Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro feridos nun accidente na AP9 á saída da Coruña

Catro feridos nun accidente na AP9 á saída da Coruña

Dous deles son persoas que pararan para ver que ocorrera e foron atropeladas 

G24.gal 29/11/2022 21:39 Última actualización 29/11/2022 22:14

Catro persoas foron feridas nun sinistro ocorrido este martes na autoestrada do Atlántico.

O suceso aconteceu pouco antes das nove da noite á saída da Coruña, en dirección Santiago.

No sinistro víronse implicados tres coches. 

O accidente produciuse cando un automóbil chocou con outro vehículo que levaba diante. Froito dese impacto mancáronse dúas persoas. 

Os ocupantes dos coches e outra xente que viu o sinistro pararon e saíron dos vehículos. Nese momento, unha furgoneta que viña pola autoestrada atropelou dúas persoas que pararan a ver o que ocorrera.

A Garda Civil de Tráfico fai un chamamento á prudencia para que, en caso de accidente, non baixemos do coche sen o chaleco reflectante porque nos expoñemos a ser feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade