Cargando resultados...
Catro mortos e 22 feridos nun accidente ferroviario en Indonesia
Catro mortos e 22 feridos nun accidente ferroviario en Indonesia
Descoñécense as causas do suceso
Os dous convois transportaban máis de 470 pasaxeiros
G24.gal
05/01/2024 13:55
En Indonesia, polo menos 4 persoas morreron e 22 máis quedaron feridas nun accidente ocorrido esta mañá no oeste da illa de Xava. Os dous convois, un de longo percorrido e outro de proximidades, transportaban en conxunto máis de 470 persoas.
As autoridades indonesias investigan as causas do accidente, que provocou a interrupción durante varias horas do tráfico ferroviario pola vía afectada.