Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro mortos e milleiros de edificios desfeitos polas inundacións en Chile

Catro mortos e milleiros de edificios desfeitos polas inundacións en Chile

Máis de 40.000 persoas quedaron illadas e algunhas tiveron que ser rescatadas en helicóptero

G24.gal 24/08/2023 09:44

En Chile, son xa 4 as persoas mortas e máis de 20.000 edificacións foron destruídas polas inundacións e corrementos de terra provocados polas chuvias torrenciais que afectan o centro e o sur do país.

Máis de 40.000 persoas quedaron illadas e algunhas tiveron que ser rescatadas en helicóptero, ao non poderse acceder por terra aos seus lugares de residencia.

Na cidade de Valparaíso, este complexo residencial tivo que ser desaloxado despois do colapso dun colector de augas que arrastrou parte da ladeira sobre a que se asentan os edificios.

A forte choiva provocou a suspensión de operacións ferroviarias de carga e pasaxeiros na zona sur, ademais do anegamento de camiños e estradas. Nese contexto, o Goberno despregou máis de 600 efectivos militares que, apoiados por medios aéreas e terrestres, iniciaron diversas tarefas para o control da emerxencia e xa anunciou para o luns a declaración de Estado Constitucional de Catástrofe nas rexións afectadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade