Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro mortos e varios feridos nunha avalancha nos Alpes franceses

Catro mortos e varios feridos nunha avalancha nos Alpes franceses

O lugar do alude foi o glaciar de Armancette e os equipos de rescate traballan aínda na zona

Un helicóptero de rescate nos Alpes franceses Un helicóptero de rescate nos Alpes franceses
G24.gal 09/04/2023 15:55

Un alude nos Alpes, no glaciar de Armancette, no leste de Francia, preto da fronteira con Italia, causou este domingo polo menos catro mortos e varios feridos, confirmaron fontes oficiais.

A avalancha produciuse a media xornada e os servizos de emerxencias traballan aínda no lugar, segundo transmitiu o ministro de Interior francés, Gérald Darmanin, en Twitter. "Ao mediodía produciuse unha avalancha no glaciar de Armancette, nos Alpes. O balance provisional é de catro mortos e varios feridos. Os equipos de rescate seguen traballando. Grazas pola súa axuda. As nosas condolencias para as vítimas e as súas familias", detallou Darmanin.

O lugar onde tivo lugar o corremento de neve está situado no macizo do Mont Blanc. Dous helicópteros e unha vintena de rescatistas mobilizáronse na busca dos afectados.

A Fiscalía confirma catro mortos, un ferido e oito persoas ilesas no suceso, pero seguen na busca de sobreviventes.

Non había alerta de aludes

Aínda se descoñecen as causas, xa que na zona non se emitira este domingo ningún aviso de avalancha. O alude tivo unha lonxitude duns 1.000 metros e uns 100 metros de ancho, asegura a policía.

Malia que non existían avisos de Méteo-France sobre a posibilidade de avalanchas, a calor e o vento puideron orixinar o corremento da neve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade