Cargando resultados...
Celebramos con Unicef e Susana Rodriguez Gacio a Semana da Infancia
Celebramos con Unicef e Susana Rodriguez Gacio a Semana da Infancia
No Día Mundial da Infancia, a medallista olímpica atendeu o Galicia en goles
G24.gal
20/11/2022 14:43
Campioa paralímpica, mundial e europea, a triatleta viguesa Susana Rodríguez Gacio tamén ten entre as súas facetas o labor solidario. Como embaixadora de Unicef, falou neste especial Día da Infancia coa Radio Galega.
"É unha honra e unha responsabilidade ser o referente de moitos nenos e nenas. Cando eu era máis nova, tiña uns soños que semellaban imposibles. Quero que os nenos teñan ese soño e esforzo para ser deportista e tamén para cumplir os seus obxectivos".
Susana Rodríguez Gacia tamén atendeu as preguntas de nenos, que aproveitaron para coñecer algo máis dunha figura de talla mundial como é a da viguesa.