Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celta Fortuna e Deportivo xogan en Balaídos un novo derbi

Celta Fortuna e Deportivo xogan en Balaídos un novo derbi

Celta Fortuna e Deportivo enfróntanse na loita polo ascenso

Os de Idiakez traen unha boa serie de resultados, mentres que os de Giráldez levan dúas derrotas consecutivas

G24.gal 27/01/2024 14:42

Balaídos acollerá un novo derbi entre o filial do Celta e o Deportivo. Despois do partido do primeiro equipo no mediodía, o feudo celeste volverá a encher as gradas para ver o derbi.

O Celta Fortuna volverá a xogar en Balaídos despois de 4 encontros. Os de Claudio Giráldez tan só perderon un partido en Balaídos ante o Cornellá na xornada 3. O adestrador do Celta Fortuna repetiu que queren xogar en Balaídos e que o club está facendo o posíbel. No partido de ida en Riazor, o filial tamén se impuxo grazas a un gol de Pablo Durán. 

"Demostramos que podemos gañarlles e con esa lección da primeira volta imos".

O Celta Fortuna quere ser protagonista co balón e levar o peso do encontro. Pese estar por riba na táboa, Giráldez pon o favoritismo no Deportivo:

"Estando o Dépor é difícil que non sexan favoritos por presuposto, por cadro de xogadores, por historia...".

Idiákez, pola súa parte, busca unha vitoria que lles alce na táboa. Asegura que, se conseguilo, suporía un subidón para todos. De gañar poñeríanse a tan só 3 puntos do seu rival. Falou sobre o estado do terreo de xogo:

"Eles xogan o domingo ao mediodía... o campo vai estar mal. Non queda outra que adaptarnos".

O adestrador deportivista espera un equipo ofensivo que "ten capacidade para facer gol".

Desde as 21, podedes ver o encontro pola G2 e na nova plataforma, AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar