Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celta Fortuna e Lugo xogarán na G2 un derbi de tendencias opostas

Celta Fortuna e Lugo xogarán na G2 un derbi de tendencias opostas

A Federación deu a coñecer o horario unificado das dúas últimas xornadas: os sábados 18 e 25 de maio ás 19:00 horas

G24.gal 10/04/2024 20:17

Esta xornada temos derbi galego na Primeira Federación. O Lugo visita o Celta Fortuna, será o domingo ás sete da tarde, un encontro que poderán seguir pola G2. Os de Trashorras chegan sen marxe de erro, xa están máis preto dos postos de descenso que dos de promoción de ascenso.

Hoxe coñecemos o horario unificado das dúas últimas xornadas na Primeira Federación. Serán o sábado 18 e o sábado 25 de maio ás sete da tarde. Pero antes, este sábado o Deportivo visitará o Teruel. Germán Parreño foi elixido pola afección como mellor xogador do mes de marzo,  leva tres partidos sen encaixar un gol. O porteiro está satisfeito pero agora mesmo só pensa na próxima cita do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar