Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celta Zorka e Baxi Ferrol protagonizan un novo derbi na primeira

Celta Zorka e Baxi Ferrol protagonizan un novo derbi na primeira

As viguesas queren fuxir do descenso gañando o primeiro derbi da temporada

O conxunto ferrolán busca unha vitoria que lle permita acadar os postos de 'playoff'

G24.gal 01/03/2024 14:31

O domingo dispútase un novo derbi na primeira división feminina de baloncesto. O Celta Zorka recibe o Baxi Ferrol, nun partido marcado pola vitoria ferrolá no choque da ida.

As viguesas non gañaron ningún dos tres derbis que xogaron esta temporada e marcan a zona de permanencia; as ferrolás van novenas e aspiran a xogar o playoff polo título.

Pese á diferenza na clasificación, o Baxi non se fía. 

Claudia Soriano, xogadora do conxunto visitante, analiza o encontro e destaca o escenario: "O principal será o que mellor bloquee o rebote, a vitoria pasará por aí. Navia é un pavillón onde se enche e vai ser moi intenso."

O Celta Zorka aférrase á súa boa xeira na casa, con catro vitorias nos últimos cinco partidos. A afección pode ser chave para gañar.

Laura Prats destaca o apoio da súa xente: "Nós notámolo, xogamos máis cómodas. Notamos o apoio de todas as nenas, de toda a xente. Notámolo cada fin de semana".

Un derbi que promete emoción, con dous equipos con diferentes obxectivos. Asaltar o playoff ou fuxir dos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade