Centos de nenos e nenas regresan ás aulas tras a DINA
Centos de nenos e nenas regresan ás aulas tras a DINA
Valencia loita para lograr canto antes a volta o coles de miles de cativos
Na zona cero xa puido abrir as súas portas o primeiro centro, Castellar Oliveral, aínda que hai máis de vinte municipios que aínda non puideron retomar as clases
Para todos os pequenos afectados pola DINA, a volta ao cole é o máis parecido a esa ansiada normalidade. Uns 400 nenos e nenas de infantil e primaria retomaban as clases tras a catástrofe de hai unha semana.
Un alivio para as familias, pero tamén para a cativada que son acollidos no centro público de Castellar Oliveral, o primeiro colexio en abrir as súas portas nunha das zonas castigadas pola catástrofe. Ata aquí chegan alumnos e alumnas doutros municipios tras percorrer nalgúns casos un camiño de case unha hora.
Máis de vinte concellos valencianos tiveron que suspender as clases. O realoxamento destes alumnos é toda unha necesidade a nivel educativo pero sobre todo a nivel emocional.
Segundo a ONG Save the Children, son preto de 40.000 nenos e nenas de 6 a 16 anos os afectados pola suspensión das clases. Por iso a destes días, aquí neste distrito, é unha volta ao cole moi especial e esperanzadora.