Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas despiden a nena á que presuntamente matou súa nai en Xixón

Centos de persoas despiden a nena á que presuntamente matou súa nai en Xixón

A pequena foi enterrada na localidade segoviana de Torrecaballeros, de onde é a familia paterna

A nai está detida á espera de pasar á disposición xudicial

G24.gal 01/11/2022 20:34 Última actualización 01/11/2022 20:58

Centos de persoas acudiron ao enterro da nena de seis anos que presuntamente matou súa nai en Xixón. A despedida foi na localidade segoviana de Torrecaballeros, de onde é a familia paterna. O silencio só se rompeu cos aplausos á saída da igrexa.

Os veciños arrouparon a familia no enterro e tamén na concentración de repulsa pola morte da pequena celebrada antes. O pai volvía recordar que o venres lle concederan a custodia.

"Eu prometinlle que volvería á casa. Díxenllo o venres cando saímos do colexio. A promesa cumprímola a medias. Á casa volve, gustaríanos que fose doutra maneira, pero volve á casa e vai quedar sempre con nós", di Eugenio García, pai da nena morta.

A nai da pequena e presunta autora da súa morte, segue detida á espera de pasar á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade