Publicador de contidos
Publicador de contidos

César Portela, distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura

César Portela, distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura

O arquitecto pontevedrés César Portela acaba de ser distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura, instituída polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España

A entrega da Medalla de Ouro terá lugar o vindeiro 22 de xuño 

Museo de Historia Natural. Foto extraída de www.cesarportela.com
G24.gal 29/05/2023 13:06

O arquitecto pontevedrés César Portela ben de ser distinguido coa Medalla de Ouro da Arquitectura, medalla Instituida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.

Unha medalla que premia o esforzo e a contribución de persoas e institucións que enriquecen o campo da arquitectura co seu labor e dedicación. 

A Estación de Autobuses de Córdoba, galardoada co Premio Nacional de Arquitectura en 1999, a Estación Central de Valencia, o Museo de Historia Natural de Galicia, o Palacio de Congresos e Ocio, o Edificio Domus na Coruña, o Cemiterio Municipal de Fisterra, a Estación de Ferrocarril de Cádiz, o Palacio Auditorio Mar de Vigo e a terminal do aeropuerto da cidade, o Museo Etnográfico de Togamura en Xapón ou a Torre de Control Sharm El-Sheik en Exipto son algunhas das obras que levan a súa firma. 

Tamén con numerosas intervencións no espazo público que acadaron o recoñecemento de institucións nacionais e internacionais como o Plan Director do Cabo Fisterra, a rehabilitación da Illa de San Simón, o Plan Especial de intervención no Pazo de Oca e o seu entorno recoñecido co Premio Nacional de Urbanismo en 1981.

O xurado, valora a sólida traxectoria profesional de César Portela coma un referente para as novas xeracións de arquitectos e urbanistas galegos. A entrega da Medalla de Ouro da Arquitectura terá lugar o vindeiro 22 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade