Publicador de contidos
Publicador de contidos

O COAG cumpre medio século como "colexio de loitas en defensa do territorio"

O COAG cumpre medio século como "colexio de loitas en defensa do territorio"

Alfonso Rueda pediu a colaboración dos profesionais para dar resposta á problemática actual da vivenda e defendeu "construír ben" as vivendas de promoción pública

G24.gal 05/10/2024 20:40

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) cumpre cincuenta anos da súa creación. Para conmemorar esta efeméride este sábado celebraron en Santiago un acto de homenaxe aos seus fundadores no que os arquitectos definiron a súa asociación como un "colexio de loitas en defensa do territorio".

No nome dos 130 arquitectos que fundaron o colexio hai medio século falou César Portela, que lembrou os primeiros desafíos aos que se enfrontaron e entre os que destacou a construción da AP-9 ou as pesqueiras do río Miño. Cada época ten as súas prioridades pero o seu obxectivo, dixo o decano do COAG, Luciano Alfaya, sempre é o mesmo: a defensa do territorio.

Ao acto asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Rueda pediu a colaboración dos profesionais para dar resposta ao problema actual da vivenda e defendeu "construír ben" as vivendas de promoción pública.

O ferreiro compostelán Chago Martínez recibiu o premio Arsquitectura para un mundo mellor polos seus traballos en forxa en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade