Cargando resultados...
Chantada despide as festas cunha xornada dedicada á empanada
Chantada despide as festas cunha xornada dedicada á empanada
Familias e amigos quedan para xantar na contorna do castro de San Amaro
Unha tradición que naceu a raíz de xuntarse para acabar cos restos da comida das festas
G24.gal
29/08/2023 20:19
Última actualización 29/08/2023 20:59
O último martes de agosto en Chantada ten sabor a empanada. É por tradición o día dedicado a este produto.
Tamén se admiten outras degustacións, porque neste derradeiro día das festas o que se busca é pasalo ben.
A festa da empanada ten lugar na contorna do castro de San Amaro. A chuvia non desluciu a xornada.
Non falta tampouco a música, pero será a verbena da noite a que despida oficialmente as festas ata o próximo ano.