Cargando resultados...
Chantada recupera o domingo lambedoiro en Santiago de Arriba
Chantada recupera o domingo lambedoiro en Santiago de Arriba
Os volantes volveron atravesar as hortas logo de dous anos de suspensión pola covid
Ademais das personaxes do Entroido ribeirao participaron outros carnavais tradicionais
G24.gal
05/02/2023 20:51
Última actualización 05/02/2023 21:04
En Chantada celebraron o domingo lambedoiro na parroquia de Santiago de Arriba, un Entroido tradicional que se recupera logo de dous anos suspendido pola covid. Os volantes son as figuras principais, un símbolo de fertilidade cando cruzan os eidos.
Atravesan os campos para asegurar unha boa produción. Van co pucho e decorados con cintas e bonecas. Desta volta, fixéronse acompañar por outros personaxes tradicionais, coma os Farrumecos de Sobradelo, os Troteiros de Bande e os folións rurais de Viana do Bolo.