Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chapela remata de sexta no campionato de España de traiñeiras

Chapela remata de sexta no campionato de España de traiñeiras

Urdaibai gaña na categoría masculina e Arraun Lagunak logrou o triunfo na feminina

G24.gal 16/06/2024 14:00

Non houbo sorpresas no campionato de España de traiñeiras. Urdaibai gañou na categoría masculina e Arraun Lagunak na feminina. Os dous favoritos cumpriron os prognósticos. Chapela foi segunda na quenda de consolación masculina e acaba no sexto posto final. 

Os de Redondela eran os únicos representantes do remo galego. Tocoulles competir a carón de Isuntza, da Liga ACT, Camargo e Pedreña, da ARC, e acabaron ocupando a segunda posición na súa quenda cun tempo de 22:10 a case un minuto dos de Lekeitio. 

Na quenda de hora Ziérbena aguantoulle dous longos a Urdaibai pero os de Bermeo sentenciaron no terceiro longo. Viñan de conseguir o campionato de Euskadi e aspiran a levar os catro títulos máis importantes da temporada. De momento xa teñen dous. 

En categoría feminina non houbo representación galega. As máis fortes foron as de Arraun Lagunak, tamén facendo bos os presaxios. Orio rematou no segundo posto a case 30 segundos e Donostiarra foi terceira a un minuto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos