Publicador de contidos
Publicador de contidos

Charlas viaxeiras e música na cuarta edición do Gulliver Fest

Charlas viaxeiras e música na cuarta edición do Gulliver Fest

O festival reuniu na área natural do muíño de Pedroso preto e 300 autocaravanas e furgonetas camperizadas

G24.gal 13/08/2023 14:18 Última actualización 13/08/2023 15:00

A pandemia disparou o turismo de autocaravana e puxo de moda unha forma de viaxar alternativa, máis libre e máis conectada coa natureza. En apenas dous anos o número de vehículos censados duplicouse e a demanda de alugueiro medrou en paralelo.

Centos destes viaxeiros xuntáronse esta fin de semana á beira do río Xubia de Narón nunha nova edición do Gulliver Fest, tres días con espazo para a música, as viaxes, a literatura e os nenos ao carón do muíño de Pedroso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade