Publicador de contidos
Publicador de contidos

Charly e o Pontevedra sairán "morder" ante o Betis Deportivo

Charly e o Pontevedra sairán "morder" ante o Betis Deportivo

O dianteiro de Ares está convencido en repetir a xesta da anterior eliminatoria

G24.gal 30/05/2024 12:34 Última actualización 30/05/2024 13:08

O segundo máximo goleador desta tempada no Pontevedra C. F., Charly López, está confiado nas súas posibilidades de cara á volta da eliminatoria ante o Betis Deportivo. Con 13 tantos ás súas costas, o ariete afirmou que o equipo "está con moitas ganas" ao valerlles coa vitoria para lograr o pase, polo seu beneficio en caso de empate tras unha hipotética prórroga. 

Para Charly, un dos puntos clave vai ser a resposta da súa afección, da que afirma que, se as previsión se confirman e Pasarón rexistra un cheo o domingo, será clave tanto para eles como para meterlle presión ao rival. Ao mesmo tempo, o punta afirma que deberán "saír a morder" para tratar de repetir o exemplo da volta ante o Deportivo Aragón na que, malia comezar encaixando, souberon repoñerse e manter a intensidade nun encontro onde estiveron todos ben, segundo comentou. 

O dianteiro galego afirma que a volta de Yago Iglesias tamén pode axudalos, e que para el será moi positivo. En canto ao partido de ida, Charly destacou que o equipo rival soamente xutara dúas veces á portería, mais que isto era fútbol e que, de todas maneiras, a súa primeira parte non fora boa. Para Charly, terán que repetir a segunda metade do partido do Villamarín se queren ter opcións de pasar a eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade