Chega outra edición do FIV de Vilalba
Chega outra edición do FIV de Vilalba
O FIV de Vilalba inaugura esta fin de semana a temporada festivaleira galega
Este ano aumenta a súa capacidade ata as 5.000 entradas
A décimo sexta edición do Festival Independente de Vilalba (FIV) vén cargada de moitas actividades paralelas e pensadas para todo tipo de públicos e idades. Dende charlas coloquio, presentacións de libros e actividades para a cativada.
En canto ao apartado musical, polo escenario principal, do campo da festa, hoxe dende as 19.00 horas poderemos escoitar a música de propostas como Tangerine Sistas, Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
O sábado será a quenda do grupo local Berta Franklin, seguidos de nomes propios da escena indie coma Hickeys, Sidonie, Lori Meyers ou Delaporte ademais de Ocho y Medio Djs. Tamén o sábado será a vez do imprescindible concerto da Banda de Música de Vilalba, fronte ao palco da música a partir de las 12.00 horas onde despois tamén actuarán Los Malinches e os Djs Jus Kno.
O domingo pecharase esta edición do festival vilalbés co FIV Kids, para público infantil no que escoitaremos as cancións do grupo A Gramola Gominola a partir das 12:30 horas.