Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe o consumo diario de alcol e convértese no principal factor de risco para a saúde

Sobe o consumo diario de alcol e convértese no principal factor de risco para a saúde

Un estudo detecta que 6 de cada 10 mozos entrevistados beberon alcol no último mes

Máis de 26.000 galegos de 14 a 18 anos mesturan alcol e bebidas enerxéticas

G24.gal 05/10/2024 14:02 Última actualización 05/10/2024 14:35

Aumenta o consumo diario de alcol entre os galegos en xeral e entre os menores en particular. As enquisas realizadas polo Sergas en 2023 para coñecer as prácticas de risco relacionadas coa saúde detectaron que o consumo de alcol é o factor que máis predomina.

O consumo diario aumentou lixeiramente na poboación xeral. Case 100.000 galegos teñen un problema co alcol. Pero tamén subiu entre a xente nova, di Jaime Fraga, xefe do servizo de prevención de condutas aditivas da Dirección Xeral de Saúde Pública.

"Si que se detecta nos menores un aumento no consumo diario, si". "En secundaria sábese que comezan a beber aos 14 anos e entón hai que intervir e facer programas de prevención aí, nos 14 ou antes nos 12 ou 11 anos".

O 61 % da mocidade de 16 a 24 anos declararon que consumiran alcol no último mes. O 20 % asistiran a un botellón nas catro semanas anteriores á entrevista e o 13 % de menores de 25 anos practican o chamado consumo de atracón unha vez ao mes.

Tamén se detectou un aumento no consumo de bebidas enerxéticas mesturadas con alcol. Galicia é unha das comunidades onde máis se combinan, un 22 % dos estudantes. As autoridades sanitarias advirten de que esa mestura enmascara os efectos do alcol.

 "Fai que beban máis e non se decaten de que o alcol está aí e vai producir o que ten que producir, risco de accidentes de tráfico, de relacións sexuais de risco".

A lei que tramita a Xunta equipara alcol e bebidas enerxéticas e prohibe a súa venda a menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade