Chega un anticiclón, con tempo seco e temperaturas en ascenso
Chega un anticiclón, con tempo seco e temperaturas en ascenso
Os termómetros non soben ata mañá, hoxe sopra un forte nordés no Atlántico
O anticiclón irá asentándose con ceos despexados e temperaturas altas
Un anticiclón irá asentándose en Galicia nos vindeiros días. Malia que no norte aínda persisten hoxe as nubes e algún que outro chuvasco, nas Rías Baixas xa deixaron paso a un sol que loce pero non quenta por culpa dun forte vento do nordés.
O vento irá amainando e as temperaturas ascendendo ao longo da semana. Onde hoxe vemos bufandas, o venres poderemos ver traxes de baño. Rozaranse os 30 graos en Ourense e Pontevedra, para alegría dalgúns e pesar dos que alertan da escaseza de chuvia.
Serán días de ceo despexado, pero convén non despistarse e levar á man algo de abrigo. Na primavera, xa se sabe, un nunca sabe como vestirse, mesmo cando vén o anticiclón.