Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a Galicia decenas de familias que foxen da guerra

Chegan a Galicia decenas de familias que foxen da guerra

Ducias de mulleres e de nenos están a salvo grazas á solidariedade de centos de galegos

A maior preocupación dos que chegan son os seres queridos que deixan en Ucraína

 

G24.gal 13/03/2022 21:26

O pobo de Maceda dáballes a benvida ás primeiras familias de refuxiados que chegaron a Ourense. Son nove cativos e once mulleres. O Concello recibiu centos de propostas de acollemento. 

A expedición partía o martes pasado cos coches ateigados de axuda humanitaria, regresan tras un periplo que se complicou máis do que tiñan previsto. Emilio Aguete Gómez, bombeiro que participou no convoi, e o alcalde, Rubén Quintas, contan a experiencia.

"Emociona moitísimo porque nos implicamos ao cen por cento, perdidos polas aldeas, non coñeciamos nada, e timbrando casa por casa para localizar esta xente".

 "Todos os que traemos perderon as súas casas polos bombardeos, as súas vidas. Esta tarde, tivemos que parar porque tres persoas non paraban de chorar polo seu pai, que non daban contactado con el".

Os veciños de Caldas acollen nas súas casas unha vintena de persoas que chegaban na noitiña do sábado á vila pontevedresa.

A iniciativa xurdiu dun grupo de amigos que quería traer o maior número posible de ucraínos a España.

A viaxe ata Santiago de Eugenia, Tatiana e a nena de nove anos que tutelan tampouco foi doada. Por minutos libraron do bombardeo do primeiro tren que ían coller en Ucraína. Deixan a familia  preto de Kíiv. Aquí van convivir cuns parentes  que residen en Teo dende hai un par de anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade