Cargando resultados...
Chegan os primeiros campistas ao festival do Son do Camiño
Chegan os primeiros campistas ao festival do Son do Camiño
Chegan os campistas para seguir o festival que ten mañá os primeiros concertos
Este mércores pola mañá chegaban os primeiros campistas para instalar as tendas no recinto do Son do Camiño
G24.gal
15/06/2022 14:05
Na véspera do concerto que abrirá o festival o Son do Camiño, en Santiago, chegan os primeiros campistas para elixir o sitio en que montar a tenda.
Hainos que chegan dispostos a empezar a festa xa e outros, simplemente se adiantan para escoller onde levantar o seu habitáculo de descanso nestes días.
Avanzan os traballos
No monte do Gozo seguen os preparativos para que mañá comece o festival O Son do Camiño. O Vicepresidente segundo, Diego Calvo, avanza que os traballos van a bo ritmo coa intención de que o festival poida desenvolverse como estaba inicialmente previsto.