A China inicia arredor de Taiwán as súas maiores manobras militares
A China inicia arredor de Taiwán as súas maiores manobras militares
Durarán ata o domingo e inclúen fogo real
A illa denuncia o seu bloqueo e a violación dos seus dereitos
O Xapón denuncia que varios mísiles caeron nas súas augas
A China iniciou hoxe preto de Taiwán as maiores manobras militares da súa historia. Os exercicios incluíron prácticas de tiro con artillería de longo alcance e con munición real.
Algunhas das manobras tiveron lugar a so 20 quilómetros da costa taiwanesa, xusto 24 horas despois da controvertida visita á illa da presidenta do Congreso dos Estados Unidos.
A Casa Branca advertiu a Pequín contra a tentación de fabricar unha crise arredor de Taiwán, que A China considera unha provincia rebelde.
O Xapón elevou unha protesta diplomática despois de que cinco dos mísiles caeran nas súas augas xurisdicionais.